Enterticket

Sinsal 2024 | Escenario Océano

Event Header

ENTRADAS

Cargando

INFORMACIÓN

Event Card
Sinsal 2024 | Escenario Océano
Unha nova xornada dedicada aos océanos como as grandes vías de divulgación e riqueza cultural será o punto de partida da nova edición do festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024. O xoves 25 de xullo, o porto de Vigo será o espazo que acolla o Escenario Océano, a iniciativa posta en marcha no 2023 da man de Sinsalaudio e Kaleido Logistics, alianza que pretende visualizar a relación entre a diversidade cultural e o patrimonio industrial vigués. A xornada acollerá unha visita guiada polos terreos portuarios, que se abren deste xeito á cidadanía; un coloquio e, como peche, o concerto do grupo musical de fusión Ombligo, liderado polos madrileños Anika e Ángel Cáceres.

O acceso, a través de El Tinglado, será por grupos. Desde Sinsalaudio e Kaleido Logistics informamos que, polas características do espazo no que se desenvolverá a iniciativa, recomendamos só a asistencia de público adulto, ademais de levar calzado cómodo e pechado.

Horario
20.30 horas - Inicio visitas guiadas (acceso por grupos)
21.45 horas - Concerto de Ombligo
Prezo: 15 euros
Actividade non recomendada para menores
Máis información, na web de Sisnal.
Kaleido Logistics. Peirao Transversal.
25 jul 2024
ProvinciaPontevedra
Recinto
Kaleido Logistics. Peirao Transversal.
DirecciónEst. Porto, 3, 36202 Vigo, Pontevedra, España

OTROS EVENTOS