Enterticket

Francisco, el Hombre | Festival MARÉ 2024

Event Header

ENTRADAS

Cargando

INFORMACIÓN

Event Card
Francisco, el Hombre | Festival MARÉ 2024
Coma parte do festival MARÉ, que volve a Compostela do 25 ao 29 de setembro, a banda Francisco, el Hombre remata a súa xira española con este única data en Galicia.

A día de hoxe, Francisco, el Hombre, é un dos grupos independentes máis importantes no panorama musical de América Latina. A banda, formada por Mateo e Sebastián Piracés-Ugarte (México) e os brasileiros Juliana Strassacapa, Andrei Martinez Kozyreff e Helena Papini, presentan o novo disco "Hasta el Final", un traballo que é coma unha festa catártica que simboliza todo o que o quinteto construíu ao longo dos anos. O obxectivo deste momento é contemplar toda a historia do grupo a render homenaxe a unha nova etapa.

A súa música mestura a tradición da Música Popular brasileira e afro-latina con punk-rock e electro-punk psicodélico; un cóctel explosivo. A naturalidade coa que defenden o dereito á felicidade e a liberdade do individuo para autodefinir a súa identidade fai do grupo un referente para as novas xeracións e o colectivo LGTBIQ+ en Brasil.

Agardamos por vós o vindeiro sábado 28 de setembro na Sala Capitol.


Consulta a normativa sobre o acceso de menores aquí


Páxina web: mare.gal
Facebook: @mare.compostela
Instagram: @mare_compostela


Playlist Spotify
Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal

Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.
Sala Capitol
28 sept 2024
ProvinciaA Coruña
Recinto
Sala Capitol
DirecciónRúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 21:30 h - Inicio 22:00 h (GMT+2)

OTROS EVENTOS