Enterticket

Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024

Event Header

ENTRADAS

Cargando

INFORMACIÓN

Event Card
Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024
O Festival Sinsal SON Estrella Galicia celebraras os días 26, 27 e 28 de xullo na illa de San Simón. O luns 13 de maio, a partir das 12.00 horas, o público poderá adquirir as entradas para gozar, ao longo de tres xornadas, tanto da música de máis de 20 bandas e solistas coma do patrimonio histórico e natural dunha illa declarada Ben de Interese Cultural. 

Para poder acceder ao festival, o único modo é coller un dos barcos que Sinsal pon á disposición do público nos embarcadoiros da Estación Marítima do porto de Vigo e do Centro de Interpretación de Rande, en Meirande. O transporte até a illa está incluído na entrada e o público pode escoller o seu traxecto no momento da compra do seu billete, no que se lle informa dos horarios dos barcos. 


Información básica
 
A programación musical do Sinsal 2024 será diferente cada día. 
As entradas inclúen tanto a asistencia aos concertos como o transporte en barco de ida e volta até a illa.
A única forma de acceso á illa é a través do transporte en barco para o público (que acreditarás coa túa entrada) desde Vigo ou Meirande.
Todas as persoas (adultas e menores) teñen que mercar entrada para acceder ao festival. 

Cal é o horario de ida e volta dos barcos desde Vigo?
O venres 26 de xullo o barco sairá do porto de Vigo ás 14:45 horas e regresará de San Simón ás 23:00 horas. 
O sábado 27 de xullo  o barco sairá do porto de Vigo ás 12:15 horas e regresará de San Simón ás 23:00 horas. 
O domingo 28 de xullo  o barco sairá do porto de Vigo ás 11:45 horas e regresará de San Simón ás 21:45 horas. 

Cal é o horario de ida e volta dos barcos desde Meirande?
O venres 26 de xullo o barco sairá do porto de Meirande ás 16:15 horas e regresará de San Simón ás 22:15 horas. 
O sábado 27 de xullo  o barco sairá do porto de Meirande ás 13:45 horas e regresará de San Simón ás 22:15 horas. 
O domingo 28 de xullo  o barco sairá do porto de Meirande ás 13:15 horas e regresará de San Simón ás 21:15 horas. 


Lembra que os horarios son aproximados e poden sufrir modificacións. Recomendamos que sigas as nosas redes sociais e consultes o teu correo electrónico.


PARA MÁIS INFORMACIÓN, PODES VISITAR A NOSA PÁXINA WEB https://festival.sins.al/ OU A SECCIÓN DE PREGUNTAS FRECUENTES: https://festival.sins.al/gl/festival/sinsal-son-estrella-galicia-2024/faq 


Ante calquera incidencia durante a compra, por favor, escíbenos un correo á dirección festival@sinsalaudio.org
Isla de San Simón
26 jul - 28 jul 2024
ProvinciaPontevedra
Recinto
Isla de San Simón
DirecciónIlla de San Simón, Pontevedra, España

OTROS EVENTOS