Enterticket

Día Europeo da música 2024

Event Header

ENTRADAS

Cargando

INFORMACIÓN

Event Card
Día Europeo da música 2024

A Orquestra Clásica de Vigo quere celebrar o Día Europeo da Música 2024 cunha proposta musical en aberto que aborde o período estilístico de tránsito entre o clasicismo e primeiro romanticismo. O programa dará comezo coa finta semplice, abertura composta por W. A. Mozart, obra que dará paso ao Concerto para guitarra e orquestra n. 1, Op. 30 composta polo italiano Mauro Giuliani, artista cunha produción artística dacabalo entre o clasicismo e o romanticismo austríaco, ofrécenos un dos concertos máis importantes escritos para este instrumento. Este concerto pecharase interpretando a Sinfonía en Sib maior Op. 18 Nº 2, de Johan Christian Bach.


O Día Europeo da Música é unha data que a Orquesta Clásica de Vigo celebra desde os seus inicios, para poñer en valor a importancia da escoita e práctica da música en directo. Unha oportunidade para compartir o amor pola música.


Programa:

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
LA FINTA SEMPLICE, K. 51/46ª (1768) – Abertura

Mauro Giuliani (1781-1829)
CONCERTO PARA GUITARRA E ORQUESTRA Nº 1, Op. 30 (1808)
I.- Allegro maestoso.
II.- Andantino-Siciliano.
III.- Polonaise.
Solista: Agustín Lage, Guitarra

Johann Christian Bach (1735-1782)
SINFONÍA, Op. 18, Nº 2 en Sib mayor (1765)
I.- Allegro con spirito.
II.- Andantino.
III.- Tempo di minueto più tosto Allegro.

Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Cando: Venres 21 de xuño ás 21:00h

Onde: Concetedral de Vigo

Entrada de balde previa reserva. Posibilidade de realizar donativos.

Organiza: Orquesta Clásica de Vigo

Concatedral de Vigo
21 jun 2024
ProvinciaPontevedra
Recinto
Concatedral de Vigo
DirecciónPraza da Igrexa, 36202 Vigo, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 20:30 h - Inicio 21:00 h

OTROS EVENTOS