Enterticket

Albert Pla & The Surprise Band | Festival MARÉ 2024

Event Header

ENTRADAS

Cargando

INFORMACIÓN

Event Card
Albert Pla & The Surprise Band | Festival MARÉ 2024
Coma parte do festival MARÉ, que volve a Compostela do 25 ao 29 de setembro, Albert Pla and The Surprise Band chegan á cidade para proclamar unha revolta.

Alleo á obsolescencia programada e ao síndrome do artista caducifolio, Albert Pla non é un ser humano senón un mutante con capacidade infinita para a reinvención , e así o amosa de novo coa súa proposta actual e os activos de The Surprise Band.

Nela non falta o amarre de Diego Cortés, unha guitarra proverbial asignada á rumba salvaxe e proscrita pola pureza flamenca, eterna compañeira. E engádense a programación electrónica e os sons de Judit Farrés, cómplice imposible, xunto coa participación en coros, palmas, baile e tarefas diversas das rapazas de Red Garment: Cristina López e Ana Brenes. A elas hai que implementar á coreógrafa Belén Martí coma bailaora puxilista preparada para o combate. Mulleres de luz, todas elas, extraídas da máis incipiente canteira flamenca.

Con eses vimbios, o cesteiro Albert Pla pon dentro do cesto cancións do seu primeiro disco (ano 89) e outras pezas que aínda non pasaron polo estudo, creando unha proposta que soa refrescante, hilarante, vibrante e ás veces mesmo bailable. Vigorosamente sorprendente. Acorde co nome do espectáculo: “Rumbagenarios”.

Xenio e figura, é un Albert 'Plan Renove', sen deixar de ser o de sempre. E iso significa, unha vez máis, resultar ser realmente infalible!

Agardamos por vós o vindeiro xoves 26 de setembro na Sala Capitol.

Consulta a normativa sobre o acceso de menores aquí


Páxina web: mare.gal
Facebook: @mare.compostela
Instagram: @mare_compostela


Playlist Spotify
Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal

Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.
Sala Capitol
26 sept 2024
ProvinciaA Coruña
Recinto
Sala Capitol
DirecciónRúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 21:00 h - Inicio 21:30 h (GMT+2)

OTROS EVENTOS