Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN - FILME GAÑADOR DESTA EDICIÓN 2020

Event Header

TICKETS

Cargando

INFORMATION

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL | PROXECCIÓN - FILME GAÑADOR DESTA EDICIÓN 2020

*En caso de choiva, as actividades, proxeccións e concertos que teñan lugar na Praza do Pracer recolocaranse no Teatro Municipal, con novos horarios. Informarase con antelación a través das redes do festival. 




Play-Doc Festival Internacional de Cinema de Tui

Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como a Praza do Pracer, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros  encontros, instalacións,  performances audiovisuais, etc.
Teatro Muncipal de Tui
27 Sep 2020
ProvinciaPontevedra
Venue
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Times
HorarioStarts at 22:30 h (GMT+2)

OTHER EVENTS