PLAY-DOC FESTIVAL - MARGARITA LEDO. PAROLAR CUN EU + CAMILLE & ULYSSE
TICKETS
INFORMATION
Stations of the ElevatedMARGARITA LEDO. PAROLAR CUN EU
Xisela Franco / 20 min / 2021 / España
Unha muller desprázase por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre cascallos e, a súa vez, unha experiencia plagada de interrogantes, do paso do tiempo, dos distintos estados da desaparición que levan á morte pero que,
paradoxicamente, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática. O cartel como acto de invocación dunha cidade fabril que liscou, patrimonio industrial ensombrecido pola crise e a especulación. Y el cuerpo en movimiento y la solidaridad, como actos de esperanza. O el cine, resina y oro que reconstruye sobre las fracturas del pasado.
CAMILLE & ULYSSE
Diana Toucedo / 46 min / 2021 / España
As filósofas Vinciane Despret e Donna Haraway unen as súas voces nesta peza audiovisual da cineasta Diana Toucedo, baseada en dúas das súas fábulas, As historias de Camille, de Haraway e Autobiographie d’un poulpe, de Despret. Filmada como un conto oral e unha correspondencia entre as dúas narradoras e as súas fábulas, a película segue as formas de vivir e de morrer das comunidades nun planeta malogrado, así como o dominio cada vez maior destas comunidades nun nuevo campo científico, a “terolingüística”, ou o estudo das linguaxes animais.
Play-Doc consolidouse en todo un referente dentro do panorama cinematográfico internacional, logrando manter un modelo de festival singular cunha programación rigorosa para un público masivo e extraordinariamente heteroxéneo. Ao longo destes dezaseis anos, Play-Doc converteuse nun lugar ideal para o encontro de novos creadores e polo que pasaron verdadeiras lendas do cinema, así como cineastas de culto, esquecidos, censurados ou descoñecidos. A organización presentará unha edición especial, adaptada ás circunstancias e aos protocolos de seguridade requiridos en cada momento, para iso, nesta ocasión, o Festival pretende achegarse máis ao público, saír á rúa, e facer que parte da súa programación tamén se poida gozar en diferentes localizacións da cidade fronteiriza. O Teatro Municipal seguirá sendo o seu punto de encontro principal pero súmanse lugares como o Seminario, convertida na súa segunda sede, e outros puntos da cidade onde o público poderá participar nun gran número de actividades como proxeccións, concertos, roteiros cinematográficos, obradoiros, encontros, performances audiovisuais, etc.