Enterticket

PLAY-DOC FESTIVAL- EL TESORO DE SU JUVENTUD: LAS FOTOGRAFÍAS DE PAOLO DI PAOLO

Event Header

TICKETS

Cargando

INFORMATION

Event Card
PLAY-DOC FESTIVAL- EL TESORO DE SU JUVENTUD: LAS FOTOGRAFÍAS DE PAOLO DI PAOLO

El tesoro de súa mocidade: as fotografías de Paolo di Paolo

Un filme de de Bruce Weber

Estrea española

O noso documental explora a vida do fotoxornalista autodidacta Paolo Di Paolo, facendo un percorrido polo seu ascenso desde a súa cidade natal, a agraria Larino, ata a súa breve pero intensa carreira profesional en Roma, que abrangueu un período de catorce anos durante os cales traballou para publicacións culturais como Il Mondo e Tempo illustrato (1954-1968). As súas íntimas fotografías —que mostran o mundo da arte, a cultura, a moda, o cinema e a vida da clase traballadora— pintan un cadro da Italia que rexorde da destrución e da pobreza da posguerra. Coa Leica na man, Di Paolo converteuse no fotógrafo máis leal e o maior confidente da elite cultural nos albores de la dolce vita

A carreira de Di Paolo freouse en seco co peche de Il Mondo e o auxe do xornalismo de paparazzi, algo que el rexeitaba de plano. «Deixei de fotografar por amor á fotografía. Converteuse noutra cousa.» Casou coa súa moza secretaria e retirouse ao campo, onde dedicou o resto da súa vida a actividades intelectuais e paixóns persoais. Chegou a ser o historiador oficial dos Carabinieri (a policía militar), formou unha familia e deu en coleccionar e restaurar coches antigos; unha existencia tranquila de relativa escuridade. A decisión de Di Paolo de abandonar a vida fotográfica foi definitiva: nunca falou sequera cos seus propios fillos daqueles anos en que fotografou a Pier Paolo Pasolini (con quen colaborou estreitamente), Luchino Visconti, Anna Magnani, Elizabeth Taylor, Grace Kelly, Marcello Mastroianni, Rudolf Nureyev, Sofía Loren, Ezra Pound, Giorgio de Chirico, Tennessee Williams…, e a lista segue.  

Hai vinte anos, o arquivo de Di Paolo foi redescuberto accidentalmente pola súa filla, Silvia, o que lles mudou a vida para sempre. Ela asumiu de xeito gradual a función de arquivista e representante súa e comezou a devolver a obra do seu pai ao lugar que lle corresponde na historia. En 2019, os seus esforzos culminaron na inauguración da primeira exposición sobre a carreira de Paolo Di Paolo no Museo MAXXI de Roma —titulada Mondo Perduto(«Mundo perdido»)— e a publicación da súa primeira monografía.  

Pero o misterio da historia de Di Paolo segue aí: por que un home ía darlle as costas dunha maneira tan radical a aquela vida de glamour, para a desterrar por completo? Que ía motivar un artista a borrar calquera rastro do seu antigo eu? Con esa pregunta como núcleo, a nosa película explora a viaxe de autoinvención, perda e redención de Di Paolo. É un relato de glamour e intriga, cheo de estrelas, aspirantes ao estrelato e aristócratas. É un relato de familia, unha familia que se reconcilia cun patriarca e co seu tácito pasado. É unha historia sobre o poder curativo da arte: o restablecemento dun home e do seu legado e a súa conexión co mundo. E é un relato de inspiración, xa que o prestixioso fotógrafo e cineasta Bruce Weber tropeza cunha fotografía de Pasolini nunha pequena galería de roma e fica tan impresionado pola súa beleza que emprende a busca do escorregadizo fotógrafo que a tomou, poñendo así en marcha esta extraordinaria historia. 

Teatro Muncipal de Tui
07 May 2022
ProvinciaPontevedra
Venue
Teatro Muncipal de Tui
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Times
HorarioOpens at 22:00 h - Starts at 22:30 h (GMT+2)

OTHER EVENTS